O NoiteBus chega a Cambre

Arquivado en:Xuventude, Cambre — posted by YiNHo on Xullo 18, 2007 @ 20:53

Unha boa nova para todos os xóvenes de Cambre que saen pola noite coruñesa. O noitebus volve despóis da experiencia de Semana Santa, da que non coñezo a repercusión que tivo.

O noitebus é unha liña que percorre os sitios de movida de toda Galicia. No caso que nos afecta a liña que pasa por Cambre e a Ruta 2, e este é o seu itinerario (copy+paste):

Cambre, A Barcala, O Paraguas, Costa da Lonxa, Vilaboa, O Portazgo, Acea da Ma, Edif. de servicios múltiples, O Burgo (Pz. De Galicia), Costa da Tapia, O Seixal, Oleiros, Os Regos, Sta. Cristina, Residencia, Os Castros, A Gaiteira, Praza de Ourense.

Como vedes a única alternativa do noitebus e a de sair por Coruña. Os horarios son os seguintes (c&p):
Saidas dende Cambre: 23, 1 e 3 horas

Retornos dende A Coruña: 24, 2 e 4 horas

Boa noticia para prescindir do coche os sábados pola noite (que é o único día que estará dispoñible). O prezó será de 2 € (ida e volta) inda que tamén pode usarse a tarxeta de transporte, co que supoño que aforrarase algo.

Xa tedes unha boa razón para deixar o coche na casa o fin de semana. ¡Sentidiño e respetade ao conductor!

Benvidos a nova web de GXiC

Arquivado en:Sin categoría — posted by YiNHo on Xullo 17, 2007 @ 22:45

Por fin!!

Rematou a agonía da transferencia do dominio… Xa non lembraba o día en que solicitamos a transferencia ao noso ex-hosting. Despois de 4 ou 5 meses responderon a nosa solicitude e aqui estamos, cos arquivos en Estados Unidos. Moi lonxe, pero con moita máis capacidade e velocidade ? (iso espero, inda que hoxe parece que non vai moi fino).

A filosofía da web vai cambiar, xa vedes que hemos escollido un blog tipo Wordpress. Ao principio pensamos en Joomla pero… imos probar isto que polo de agora non temos moito que contar.

Seguiremos comentando novas acerca de Cambre, pero tamén publicaremos artigos máis técnicos que espero sexan da vosa utilidade.

Polo de agora nada máis, saúdos dende Cambre.



image: detail of installation by Bronwyn Lace